A Comisión Europea selecciona a Nanoimmunotech como beneficiaria do Instrumento PEME (Programa Horizonte 2020), convocatoria altamente competitiva, polo seu innovador nanobiosensor HEATSENS_S que permite unha detección rápida, sinxela e ultra-sensible da Salmonella no sector agroalimentario.
O Instrumento PEME (SME Instrument) é un programa convocado pola Comisión Europea co obxectivo de impulsar as PEMES europeas no lanzamento dos seus productos. É un programa altamente competitivo, no que as pequenas e medianas empresas europeas se baten para demostrar á Comisión que ten unha idea tan innovadora e prometedora que merece o seu apoio. A Comisión selecciona de entre todas as ideas presentadas ás que ao seu xuizo teñen maior potencial a nivel europeo, para cofinanciar e asegurar o éxito dos seus proxectos.
Grazas ao seu revolucionario nanobiosensor HEATSENS_S, Nanoimmunotech é unha das 293 empresas europeas seleccionadas pola Comisión Europea como beneficiarias do Instrumento PEME Fase 1 (dentro do programa Horizonte 2020). Ademáis, dentro do tema no que participou, BIOTEC-5 (SME boosting biotechnology-based industrial processes driving competitiveness and sustainability), Nanoimmunotech conseguiu o terceiro posto en puntuación, entre soamente 8 empresas beneficiarias, e sendo a única empresa española neste tema.
En consecuencia, Nanoimmunotech recibirá a confianza e o apoio económico da Unión Europea para o lanzamento dos seus biosensores baseadaso na tecnoloxía HEATSENS ao mercado europeo e mundial.
NANOIMMUNOTECH, como empresa referente en Nanobiotecnoloxía, aplicou a súa amplia experiencia ao campo dos nanobiosensores, e moi concretamente ao sector agroalimentario. Fixoo, introducindo a súa tecnoloxía HEATSENS no sector avícola, cunha solución que traslada a un dispositivo portátil e de fácil manexo o seu know-how máis punteiro en biosensores.
HEATSENS basease nunha revolucionaria tecnoloxía de nanobiosensado licenciada en exclusiva a NANOIMMUNOTECH, e coas principais características (moi alta sensibilidade, detección rápida e sencillez) son a respsota idónea a unha evidente necesidade do sector agroalimentario: o adecuado control da Salmonella.
Detectando estas limitacións ás que se enfrontan as empresas do sector cárnico, NANOIMMUNOTECH desenvolveu o nanobiosensor HEATSENS_S, que demostrou detectar máis sensiblemente Salmonella en poucas horas, marcando así unha gran diferenza cos métodos tradicionais, que requiren un tempo de resposta de análise de aproximadamente unha semana. Agora, o seu traslado a un dispositivo portátil de fácil manexo, permitirá a realización de análise in house ao longo da cadea productiva, permitindo ás empresas un maior control da calidade do produto, e evitando as pérdidas asociadas a contaminacións non detectadas a tempo, todo iso a un coste inferior ao dos ensaios actuais.
A obtención do Instrumento PEME, un prestixioso recoñecemento por parte da Comisión Europea que recibiu NANOIMMUNOTECH, é o catalizador óptimo para o crecemento da empresa así como para a súa expansión a nivel mundial; e HEATSENS_S o seu producto estrella para rentabilizar os seus esforzos en nanobiosensing, que presenta un alto potencial, con efectos beneficiosos tanto para a industria como para a población.