O Instituto Internacional en España e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Programa Fulbright) anuncian a convocatoria de tres becas parciais (bolsas de viaxe), que levan o nome da hispanista norteamericana Ruth Lee Kennedy.
Obxectivos
Estas becas están destinadas a mulleres universitarias que queiran ampliar coñecementos ou investigar en centros de ensinanza superior nos Estados Unidos de América.
Prazo de presentaicón de solicitudes: Do 16 de decembro de 2013 ata o 13 de febreiro de 2014
Disciplinas: todas
Requisitos:
Ser muller e ter nacionalidade española ou de outro país membro da UE. Ter obtido a licenciatura ou o doutorado nunha universidade española en xuño de 2007 ou data posterior. Posuír un excelente coñecemento do idioma inglés – falado e escrito.
Documentación imprescindible
– As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación (orixinal e 3 copias):
Proxecto de estudos que quere desenvolver en Estados Unidos (5 folios ou 4.000 palabras como máximo en español).
Curriculum Vitae en español e fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou pasaporte.
Copia compulsada do certificado académico de estudos.
Dúas cartas de referencia nos impresos facilitados para iso coa solicitude.
Carta de acceso ou de invitación do centro estadounidense donde vaia a realizar os estudos.
Unha fotografía recente.
Opcional: fotocopia dos resultados do Test of English as a Foreing Language (TOEFL) cunha puntuación mínima de: 100 no Internet-based test; ou 600 no Paper-based Test.
Impresos dispoñibles para descarga:
Convocatoria 2014-2015
Solicitud
Carta de Referencia
Duración: a duración das becas non será inferior a 6 meses para estudos de postgrado, nin inferior a 3 para proxectos de investigación postdoutoral
Período de disfrute: será de 12 meses como máximo, deberá estar comprendido entre o outono de 2014 e o verán de 2015, e non poderá pospoñerse sin a autorización previa do Instituto e a Comisión
Dotación: bolsa de viaxe de $3,000
Entrevistas persoais: primavera 2014.
No Comments - be the first.