Este curso, está dirixido a estudantes, profesionais e investigadores das distintas áreas de coñecemento, que requiran unha formación básica en estadística, e que queiran inicarse no manexo do software libre R. Asímesmo, supón unha boa oportunidade para mellorar as habilidades dos xa iniciados, a través dun repaso de aspectos básicos da estadística e da linguaxe propia de R.
R é unha ferramenta que permite levar a cabo todo tipo de análise estadístico en múltiples áreas. Caracterízase pola súa continua actualización, a través das aportacións de estadísticos e investigadores, avaladas e estadas científicamente. A súa flexibilidade e potencialidade posicionana como unha opción idónea para realizar estudos estadísticos, presentando importantes ventaxas respecto á ferramentas comerciais.
O Curso será de carácter teórico-práctico, e contará con persoal de apoio para unha formación íntegra e completa. Requírese que os alumnnos dispoñan do seu propio portátil co software instalado para poder realziar as prácticas. Previamente ao comezo do curso enviaranse as indicacións de descarga e instalación de dito software para Windows/Linux/(Mac) OS X.
PROGRAMA
1. ¿Que é R?:
Páxina web de R e entorno do programa
Instalación e búsqueda de paquetes
2. Estrutura da información en R:
Obxecto, vector, matriz, lista, data frame
3. Lectura e escritura de datos
4. Manexo e manipulación de datos:
Creación de subconxuntos
Incorporación de variables
Recodificación de variables
5. Estudo de variables cualitativas:
Tests paramétricos e non paramétricos
6. Estudo de variables cuantitativas:
Tests paramétricos e non paramétricos
7. Regresión lineal e correlación
8. R Commander
DATAS:
Días 24, 25, 26 e 27 de febreiro, en horario de 16:00h a 21:00h (Descanso de 30min entre 18:15h-18:45h).
PROFESORADO:
Mónica López Ratón, Biostatech, Advice, Training & Innovation in Biostatistics S.L., GRID[ECMB].
Laura Calaza Díaz, GRID[ECMB].
NÚMERO DE PLAZAS E INSCRIPCIÓN:
Plazas limitadas por orden de inscrición. É necesario confirmación previa de dispoñibilidade.
INSCRICIÓN, PERIODO DE PAGO E PREZO:
21 de Xaneiro ao 17 Febreiro (ambos inclusive). 200 euros (IVE incluido).
ORGANIZACIÓN:
A organización da actividade de formación “Curso de estadística con R. Nivel Básico” lévase a cabo dende a spin-off de bioestadística da USC: Biostatech S.L., coa participación do GRID[ECMB] e como actividade da Rede Nacional de Bioestadística (BIOSTATNET).
Comité Científico:
Carmen Cadarso Suárez
Mónica López Ratón
Comité Organizador e persoal de apoio:
Laura Calaza Díaz
Marta Cuntín González
Ipek Guler Caamaño
Roberto Domínguez Gómez
Vicente Lustres Pérez
DURACIÓN:
22 horas (18 presenciais + 4 online). Ao longo da duración do curso establecerase un entorno web para incluir prácticas e posibles comentarios/consultas.
LUGAR:
Aulario Novoa Santos (Aula 10), Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
CONTACTO:
Para formalizar a inscrición ou para resolver cualquera dúbida, suxerencia ou consulta pode poñerse en contacto con nós: biostatech@uninova.org, ou contacto@biostatech.com, o aos teléfonos 672.771.319 ó 981.594.530.
No Comments - be the first.