Bioga, o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, incrementou o seu número de socios no último ano nun 20%, ao producirse 8 novas incorporacións durante o exercicio de 2014.
Así informan dende o Cluster, a día de hoxe son 47 integrantes e, desa cifra, 41 son empresas e seis institucións. As últimas afiliacións corresponderon a Zeltia, Conexiona Telecom, Galician Marine Aquaculture, Dart, Glecex, Anélida Biotecnología, Biovía Consultor Ambiental e Oncostellae.
As 47 empresas e institucións que integran Bioga facturaron conxuntamente 235 millóns de euros en 2014. As firmas socias de Bioga dan emprego a 1.425 traballadores e o 60% dos postos de traballo xerados están cubertos por titulados universitarios e doutores, na súa maioría de titulacións científicas. Un 15% da plantilla traballa nos departamentos de I+D.
Bioga proponse en 2015 consolidar os retos alcanzados nos últimos anos e converterse nun sector de referencia na economía de Galicia.
A presidenta de Bioga, Carme Pampín, destacou a modo de exemplo que durante o ano pasado naceron en Galicia 6 novas empresas biotecnolóxicas vinculadas á biomedicina e ao sector agroalimentario e tamén que hai proxectos de investigación que irán concretándose en propostas empresariais. Ao seu xuízo, é así como a Comunidade galega pretende estar a vangarda, combinando iniciativa e innovación.
A presidenta de Bioga valora a incorporación de novos socios ao proxecto do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida, porque ” é o termómetro que nos di que estamos traballando na boa dirección, que somos unha ferramenta útil”.
En Bioga comparten espazo empresas consolidadas que facturan millóns de euros e que dan emprego a ducias de traballadores con outras firmas que están abríndose camiño e que contan cunha plantilla de entre 1 e 3 traballadores.
Ver noticias relacionadas:
Bioga creció un 20% en 2014 y quiere consolidarse como sector clave gallego.
No Comments - be the first.