
“Esperamos que o Clúster Transfronteirizo de Biotecnoloxía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal sexa unha realidade nun prazo de catro a cinco anos”. Así o explicou Nuno Gomes, CEO de Bicminho, que participou en Santiago nun encontro sobre Novas vías Estratéxicas de colaboración Biotech Galicia-Norte de Portugal, no marco dos Bioalmorzos que impulsa Bioga, Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia. ” Todo dependerá do noso traballo e esforzo nos próximos anos”, engadiu o máximo executivo de Bicminho, un ente con sede en Braga que apoia a creación de empresas innovadoras.
Pola súa parte, Carme Pampín, presidenta de Bigoa, tamén apostou por “explorar en vías de colaboración e aproveitar sinerxias” en materia biotecnolóxica entre os dous territorios. E destacou a relevancia de contar a curto e medio prazo cun instrumento como o Clúster Transfronterizo “para desenvolver un tecido empresarial biotecnolóxico capaz de convertirse nun dos principais motores do crecemento económico”.
Nuno Gomes confía en que en 2020 a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal “estea en condicións de competir cos grandes polos de atracción de inversión biotecnolóxica como Lisboa, Madrid ou Barcelona”. E expón os argumentos: “Na nosa área xeográfica contamos con universidades punteiras na Península Ibérica, temos centros de investigación modélicos na área das Ciencias da Vida e tamén temos empresas líderes no sectores como o agroalimentario, farmacéutico ou ambiental”. Ao seu xuizo “agora fai falta deseñar unha estratéxia conxunta para situarnos en catro ou cinco anos á altura dos grandes polos biotech na Península Ibérica”.
No encontro sobre Novas vías estratéxicas de colaboración biotech Galicia-Norte de Portugal, organizado e celebrado no Edificio Emprendia de Santiago de Compostela, participaron empresas integrdas en Bioga interesadas en establecer lazos de colaboración con firmas lusas. Estiveron as empresas socias Biostatech, Celtalga Extracto, Develop Biosystem, Galchimia e representantes da USC e UVigo. Ademáis asistiron representantes do grupo de investigación BioFarma e do Centro Tecnolóxico AINIA. Rui Sousa, CEO da empresa biotecnolóxico portuguesa Stemmatters comparteu a súa estratexia, as súas liñas de investigación e colaboracións abertas actualmente.
No Comments - be the first.