O clúster biotecnolóxico pon a disposición dos asociados xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica.
Bioga e Abanca impulsan un convenio para facilitar o crédito ás empresas de biotecnoloxía de Galicia. O acordo entre ambas entidades pretende impulsar o crédito con “condicións melloradas” na contratación de pólizas, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. Tamén permitirá acceder a préstamos para o pago de impostos ou o adianto de subvencións.
Antes da firma do convenio con Abanca, Bioga celebrou Asamblea de Socios para renovar a súa Xunta Directiva ata 2017, aprobar as contas de 2014, ademáis do orzamento para o presente exercicio.
Carme Pampín, CEO de Galchimia, renova presidencia por 2 anos. Luis Sánchez, director xeral de Lonza Biologics Porriño, Tatiana López, de Nanogap e José Manuel Santamaría, de Oncostellae, completan a Xunta Directiva.
Bioga anuncia, ademáis, que poñerán en marcha grupos de traballo especializados en diferentes áreas da biotecnoloxía claves en I+D+i, ventas e marketing ou formación.
No Comments - be the first.