A empresa biotecnolóxica Bialactis, que pertence a Bioga dende fai uns meses, e situada en Porto do Molle (Nigrán), cumpre un ano de actividade empresarial.
Bialactis dedícase a comercialización de ingredientes funcionais, especialmente probióticos. Durante este ano, Paula Dagá, xunto co resto de equipo, foi construíndo o camiño ata chegar a onde están actualmente.
Bialactis, nomeada Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) en novembro de 2012, colabora activamente en infinidade de actividades. En xaneiro de 2013 asistiron ao IV Workshop da Sepep: “Probióticos, Prebióticos e Saúde. Evidencia Científica”. En abril deste mesmo ano, foi unha das 30 empresas seleccionadas para participar no Programa de Entrenamento Individualizado da Factoría de Innovación de Vigo. A finais de setembro participaron no Congreso da Rede Europea de Investigación en Saúde Gastrointestinal (ENGIHR 2013). E xa por últimos tivemos coñecemento de que Bialactis foi seleccionada xunto con outras 19 empresas para a Academia de Viavigo.
Dentro de Bioga, participan activamente nas actividades que organizamos como os Bioalmorzos e Bio Speed Dating, apostan pola feira BioSpain 2014 e presentaron seu proxecto na Bio Investor Day, III Lonxa de Inversores para biotecnoloxía.
Esperamos que cumprisen os seus soños e logros para este primeiro ano e o sigan facendo nos próximos!!!!
No Comments - be the first.