
Co obxectivo de mellorar a competitividade do Sistema Galego de Innovación a través da súa participación no programa europeo de I+D+i, H2020, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) publicará proximamente a segunda convocatoria correspondente ao 2020, desta liña de axudas dotada con máis de 2,7 millóns de euros, en tres modalidades. A convocatoria permanecerá aberta ata esgotamento do crédito. Atenderanse as solicitudes por orde de chegada.
En 2019 concedéronse 32 axudas por importe de 1,1 millóns de euros, dos que o 89% foron destinados a pemes e o 11% restante a organismos públicos e privados de investigación. En concreto, apoiáronse 29 solicitudes para a preparación de propostas de calidade ao programa H2020 e 3 para o financiamento de proxectos de empresas galegas que obtiveron o selo de excelencia no Instrumento Peme da Comisión Europea.
Esta liña de axudas está cofinanciada con fondos do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.