Celebrase unha xornada-coloquio organizada pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, na que participarán representantes das empresas Repsol (http://www.repsol.com), Novozymes (http://www.novozymes.com) e CETaqua/AGBAR (http://www.cetaqua.com) / (http://www.agbar.com).
En concreto, participarán:
– Alvaro Jiménez Sanz, Responsable del Centro de Tecnología Repsol / Santos Suárez Gago-Ruiz, Comunicación y Relaciones Externas / Oscar Prieto, investigador de proyectos de Nuevas Energías de Repsol.
– Svend Kaj Petersen – Senior Manager Business Creation de Novozymes.
– Cristobal Pérez, Director Comercial de CETaqua, y Ana Tejeiro Sandomingo, Gerente de CETaqua en Galicia.
Neste coloquio, os poñentes explicarán as diversas áreas de interese en materia de I+D así como as diversas vías que posúen as dúas compañías para colaborar cos centros de investigación e/ou universidades.
O Centro de Tecnoloxía Repsol é o centro de investigación privada máis grande de España. A súa misión é crear valor e coñecemento propio por medio da I+D+i. No interior deste complexo de 56.000 metros cadrados levan a cabo investigacións de alto nivel en química, refino, exploración, combustibles ou enerxías alternativas.
Novozymes é unha compañía de biotecnoloxía cun forte enfoque na produción de enzimas, microorganismos e biopolímeros con múltiples aplicacións industriais. Novozymes desenvolve biosolucións para campos tan diversos como o agroalimentario, o textil, o papel, a sanidade animal ou o tratamento de augas abarcando dende a eliminación das graxas trans nos alimentos ata avances en fontes de enerxía renovables.
Agbar é unha empresa especialista en todos os procesos vinculados ca xestión da auga e, hoxe en día, é unha das grandes expertas mundiais deste sector.
Ese mesmo día pola tarde, as empresas invitadas, poderán reunirse con varios grupos de investigación da USC, co obxecto de coñecer as súas tecnoloxías e principais liñas de investigación con miras a establecer posibles vías de colaboración. _Aqueles grupos interesados en estas reunións, por favor, que manifesten o seu interese á hora de inscribirse á xornada, sinalando con que empresa desexa manter dita reunión_. Neste
senso, e por cuestións de tempo e axenda das empresas, o número de grupos que se poderán reunir será limitado.
A xornada celebrarase no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) e terá comezo ás 10 de mañá, e a mesma encádrase dentro de diversas xornadas sectoriais que se celebrarán entre Xuño, Xullo e Setembro nas que se presentarán os resultados acadados en diversos proxectos apoiados e financiados dende o Proxecto POCTEP VT “Vehículos de Transferencia Tecnolóxica”.
Ao final da xornada organizarase un catering nas instalacións da ETSE. Rógase confirmen asistencia ao mesmo no momento da inscrición.
——————————————————————————————————————————————
Todas aquelas persoas interesadas en asistir a esta Xornada poden enviar un correo electrónico á dirección: josemanuel.rebolo@usc.es <mailto:josemanuel.rebolo@usc.es>.
Data do Evento:04/07/2013-04/07/2013 (10:00 horas)
Lugar:Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)
Organiza:Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC
No Comments - be the first.