54 argonautas iniciaron a súa singladura na USC. Son estudantes, recén licenciados e posgraduados que buscan crear a súa propia empresa. A nave na que viaxarán dende xuño está capitaneada pola Área de Valorización e Transferencia, que bebeu dun programa semellantes do Massachusetts Institute of Technology (MIT) para impulsar o emprendemento en equipo, unha faceta ata agora un pouco eclipsada pola formación individual.
O programa Argos é, sobre todo, novidoso. Os 54 participantes, a maioría en fase de posgraduado, participarán á volta do verán en 3 talleres que ademáis servirán para observar un pouco o seu perfil: se son creativos, máis organizados, se teñen dotes comunicativas…Eso servirá para os xestores do proxecto para conformar os equipos, que teñen un requisito fundamental: en cada un deles ten que haber alguén con experiencia en xestión empresarial, polo que os alumnos de Empresariais de Compostela e Lugo teñen en Argos un papel protagonista.
A partir dese momento, é hora de poñerse a traballar nunha idea ou nun plan de negocio. Para facerlles as cousas máis fáciles, a área de tranferencia que comanda José Luis Villaverde poñerá a súa disposición parte da carteira de patentes da Universidade, con unha doble ventaxe: eles teñen un resultado de investigación xa patentado e a Universidade ten oportunidade de sacar rendemento a patentes ata o momento gardadas nun caixón, porque asocialas a un plan de negocio abre moitas portas. Aínda non se cerrou a carteira dispoñible para Argos, pero en principio terán á súa disposición uns 30 resultados de investigación. Ademáis, contarán cun tutor que os guiará a través do proceso.
¿Obxectivo? “A idea é ofrecer aos licenciados unha primeira alternativa nese punto crítico que é rematar a carreira». O vellocino de ouro para estes argonautas é, sin dubida, a posta en marcha da iniciativa empresarial.O mellor equipo levará 3.000 euros e seis meses de estancia en unha incubadora, así como asesoría para a constitución da compañía.
[button text=’Ver noticia’ url=’http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/08/10/argos-tutoriza-54-universitarios-creen-empresas/0003_201308S10C3996.htm’ target=’_blank’]
No Comments - be the first.