Hoxe dámoslle a noraboa a un dos nosos socios: Amslab.
Amslab, laboratorio especializado no uso da espectrometría de masas acoplada á cromatografía líquida (LCMSMS), é unha iniciativa de alicerce tecnolóxico que centra as súas liñas de actividade en solucións e servizos para os sectores agroalimentario, ambiental ou clínico. Isto e a súa traxectoria fixo que gañase o premio a novo empresario de Galicia da Asociación de Novos Empresarios de Galicia (Fegaxe – Aje Galicia).
No Comments - be the first.