
Para potenciar ao máximo a participación de novas ideas de negocio que aspiren a ser negocios de éxito, a aceleradora de empresas e emprendedores ViaGalicia/ViaVigo amplia o seu prazo de inscrición ata o 31 de xullo. Quince días máis nos que entrar na web viagalicia.gal, ou en viavigo.com, e describir brevemente o proxecto de empresa que un equipo de emprendedores quera levar adiante.
Os promotores da aceleradora, a Xunta de Galicia e mai lo Consorcio da Zona Franca buscan con esta ampliación dar as máximas facilidades para que ningunha boa idea quede non tinteiro. Ideas que nesta terceira edición da aceleradora de empresas ViaGalicia/ViaVigo pode ser madurada ben na sede da Fundación CEL de Lugo, coa idea de acoller os novos proxectos xurdidos no norte da Comunidade, ou no Centro de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán, para as xentes do sur. A sede social da empresa resultante poderase fixar en calquera cidade ou vila de Galicia.
Pola cantidade de recursos que mobiliza esta é unha das aceleradora de empresas e de emprendedores máis potentes de España. A convocatoria aberta agora até o vindeiro 31 de xullo, procura persoas creativas, innovadoras, comprometidas, con afán de superación e de calquera idade ou sector económico. Nesta terceira convocatoria, se un proxecto é seleccionado, accederá a un programa no que a fase de Academia terá lugar paralelamente nas sedes de Lugo e Vigo segundo a escolla dos promotores, e a fase final, a fase da Aceleradora, realizarase exclusivamente no Centro de Negocios de Porto do Molle, onde aos emprendedores que fixeron a fase de Academia na sede de Lugo se lles facilitarán 5.000 euros para sufragar os gastos de desprazamento.
Calquera idea de negocio sobre calquera sector económico ten aquí cabida. A máis de importantísimas sumas de cartos que se poden acadar na fase final de Aceleración, na fase de Academia expertos titores traballarán cos emprendedores o proxecto empresarial para darlles as ferramentas necesarias para convertelo nun negocio rendible e sustentable. Unha formación a medida que abrangue globalmente o mundo empresarial.
Grazas a suma de esforzos da Xunta e da Zona Franca a financiación que se aportará aos quince proxectos finalistas alcanzará nesta convocatoria a cifra de 1.875.000 euros entre capital semente e achegas a fondo perdido, máis outros 375.000 euros recursos postos a disposición en formación, consultoría, axudas de aloxamento…etc. Iste é un programa de apoio e asistencia a emprendedores promovido polo Consorcio e a Consellería de Economía e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da sociedade xestora de dos fondos de capital-risco da Xunta (XesGalicia) e tamén pola sociedade de capital-risco do Consorcio, Vigo Activo. Os proxectos seleccionados tamén terán ao seu dispor as infraestruturas precisas para activar a empresa; contarán con profesionais e expertos que lles asesorarán ao longo de todo o proceso, e mesmo finalmente lles prepararán para presentar canda un dos proxectos a investidores privados que poidan aportarlles financiamento e outros recursos.
Para inscribirse se teñen habilitado as plataformas viavigo.es e viagalicia.gal onde se facilita toda a información dos diferentes pasos de selección. Alí os participantes poderán ver como unha vez inscrito o proxecto iste será valorado polo Comité Técnico do Programa que preseleccionará ata 40 ideas de negocios por cada sede entre os que mellor respondan aos criterios de innovación, acelerabilidade e investibilidade. No seguinte paso, cada grupo dos cuarenta seleccionados pasarán a participar no “Startup Day” a celebrar en Lugo e Vigo nunha xornada na que se seleccionarán os seguintes 20 mellores proxectos que poderán continuar nas dúas Academias e dos que, noutra avaliación, sairán os 15 finalistas para a fase de Aceleradora que se celebrará con una única sede en Porto do Molle. Estes 15 finalistas poderán recibir apoios económicos de ata 125.000 euros.
No Comments - be the first.