Uns 20 alumnos participan na Escola de Emprendedores – Edición Campus do Mar, que con ilusión e ganas, iniciaron unha travesía emprendedora rumbo ao seu futuro. O obxectivo da Escola de Emprendedores é impulsar o crecemento económico, o emprego e a internacionalización en Galicia e o norte de Portugal nun sector moi familiar para a súa poboación, e que brinda numerosas posibilidades empresariais: o mar.
AllGenetics participará nunha sesión, onde o seu Director Xeral, Joaquín Vierna, reunirase cos estudantes universitarios co fin de presentar a empresa e como evolucionou dende unha simple idea a unha empresa que aplica a xenética molecular a proxectos de investigación de ecoloxía e biodiversidade. Tamén intercambiará impresións e asesorará aos mozos e mozas emprendedores.
Ata o 13 de xuño, os alumnos afrontarán sesións formativas de carácter eminentemente práctico (como talleres sectoriais e visitas á empresas) combinadas con outras máis experienciais como sesión de outdoor training, de diálogo con antigos alumnos e o manexo de simulardores de empresa ONLINE (método LEAN).
Máis información sobre a actividade aquí.
No Comments - be the first.