As empresas de base tecnolóxica AllGenetics e Deroceras firmaron un convenio de colaboración para utilizar códigos de barras de ADN para a mellora dos servizos de control de plagas. A correcta identificación das especies de plagas é un paso crucial para o control das mesmas. O DNA barcoding consiste na xeración e análise de secuencias de ADN de especies de plagas, tales como os fungos ou os insectos, con fins de identificación. «Por ejemplo, esta tecnología nos permite conocer a qué especie pertenece una larva de insecto, incluso en ausencia de caracteres morfológicos diagnóstico», di Joaquín Vierna, general manager de AllGenetics. Aínda que esta tecnoloxía baséase no traballo previo molecular en cada grupo particular de especies, sempre é unha ferramenta moi útil.
Ambas empresas foron fundadas por novos científicos das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña. AllGenetics ofrece servizos nas áreas da xenética e a bioloxía molecular a investigadores, empresas e institucións de todo o mundo. A pesar de que hai varias áreas nas que a compañía está traballando na actualidade, unha parte moi importante do seu traballo céntrase na aplicación de técnicas de xenética molecular na ecoloxía e en estudos de biodiversidade.
[button text=’Noticia orixinal’ url=’http://www.allgenetics.eu/index.php/news/20/72/AllGenetics-and-Deroceras-start-up-a-key-collaboration-to-use-DNA-barcoding-in-pest-management.html’ target=’_blank’]
No Comments - be the first.