AJE Galicia presenta a 8ª edición duns premios que buscan recoñecer o espírito emprendedor e a súa contribución ao desenvolvemento económico de Galicia.
A Asociación de Xoves Empresarios quere premiar aos mozos e mozas emprendedores e empresarios da comunidade galega pola súa contribución e esforzo para lograr un maior desenvolvemento económico, especialmente nun momento tan complicado como o actual no que a crise afecta a todos os sectores.
Hai dous premios principais: Premio Xove Emprendedor destinado a emprendedores e empresarios cuxa constitución sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2013; e Premio Xove Empresario, destinado a empresarios constituídos antes da mesma data. Tamén tres áccesit: Innovación, Calidade e RSE.
Os candidatos e candidatas non deben pasar de 40 anos e a sede social do proxecto ubicarase en Galicia. Han de ser propietarios maioritarios, principais impulsores e responsables dos éxitos da empresa. As candidaturas poden presentarse ata o 30 de outubro.
Os obxectivos destes galardóns son fomentar a cultura empresarial, apoiar e estimular os mozos/as emprendedores, e promover o autoemprego e a creación de empresas na sociedade galega, entre outras cousas.
No Comments - be the first.