Aquelas PEMES innovadoras, en fase de crecemento ou consolidación, que desenvolvan a súa actividade en Galicia nos sectores biotecnolóxico, agroalimentario ou da biomasa, e que desexen aumentar o seu potencial innovador, teñen a oportunidade de participar no Programa Agrobiotech Innovación.
Agrobiotech Innovación é un programa de aceleración de empresas que pretende ir máis ala da mera formación, por iso pon a disposición das empresas seleccionadas un plan de traballo individualizado ou “itinerario específico” elaborado por expertos, en atención ás necesidades de cada empresa.
Nesta primeira edición poderán participar 15 empresas, aínda que máis de 200 poderán beneficiarse das accións abertas do programa.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 22 de abril de 2015. Podes consultar as bases completas da convocatoria, así como acceder á plataforma electrónica de presentación de solicitudes a través das páxinas web de GAIN e da Tecnópole.
No Comments - be the first.