O Hospital Clínico de Santiago presentou cinco novos laboratorios de investigación, que ocupan 500 metros cadrados, e ubícanse na planta baia do seu edificio de consultas.
Un dos novos laboratorios dedicarase a células nai no cancro e envellecemento; e os outros a xenética de enfermidades neurolóxicas e psiquiátricas, e a infeccións en pediatría, entre outros temas. O xerente da área sanitaria, Luís Verde, destacou a solicitude de 12 patentes por parte dos investigadores relacionados cos hospitais composteláns, e 12 proxectos de investigación europeos. Indicou así mesmo que se realizan 80 proxectos e 585 ensaios clínicos por uns 500 profesionais e investigadores contratados.
O xerente do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, José Castillo, anunciou a intención de medrar aínda máis. No acto participaron tamén o xerente do Sergas para a provincia de Lugo, integrada con Santiago na fundación de investigación sanitaria Ramón Domínguez. A presentación finalizou cunha visita ás novas instalacións.
[button text=’Ver Noticia Orixinal’ url=’http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/04/10/investigacion-crece-hospital-clinico-santiago-cinco-nuevos-laboratorios/0003_2013041365596936180965.htm’]
No Comments - be the first.