Non só en Galicia, tamén a nivel nacional recibimos boas noticias sobre o mundo bio.
Emprender nesta área é unha boa oportunidade con retornos para os investidores de ata o 40%, pero con riscos. En España, esta área leva medrando unha década.
Victor Canivell (na fotografía) é o conselleiro delegado de Integromics, que apostou polo binomio informática e biotecnoloxía. Recoñece que o seu gran potencial se atopa en mercados internacionais e o seu obxectivo a medio prazo é medrar de maneira importante no sector da investigación farmacéutica. O doutor José María Carazo observou o gran potencial da bioinformática fai xa 10 anos, cando, xunto cos 3 socios, decidiu fundar Integromics, unha firma que desenvolve solucións para a xestión e a análise de datos xenómicos e proteómicos. É dicir, a súa tecnoloxía permite aos investigadores organizar a cantidade de datos que xeran as técnicas actuais de alto rendemento, realizar análises e obter información biolóxica e funcional. A súa proposta innovadora non só lle facilitou o premio “Emprendedor XXI” otorgado por La Caixa, tamén o galardón “Product Innovation of the year” da firma Frost & Sullivan. Victor Canivell, CEO da compañía, asegura que en España hai mercado para os seus productos, “especialmente no terreo académico. De feito, vendemos solucións a moitos centros de investigación de prestixio, como CNIO, a Fundación do Parque Científico de Madrid ou o Idibaps do Hospital Clínico de Barcelona”. Canivell non é o único que confía na biotecnoloxía como sector con oportunidades de negocio. Manuel Fuertes, director xeral para España de Isis Innovation, asegura que este sector “leva medrando sen parar a última década. En 2012 representaba o 1,6% do PIB, e a facturación das empresas bio medrou un 25%”. Segundo a Asociación Española de Bioempresas (Asebio), o saldo neto de creación de emprego o ano pasado foi de 38.724, chegando a máis de 200.000 traballadores. Ademais, crearonse 64 novas empresas. Sen embargo, Fuertes recoñece que, en xera, o sector biotec “presenta grandes retos para os próximos anos en España e isto debese a un modelo pouco sostible, xa que estivo baseado nunha alta dependencia das subvencións públicas, unha baixa conexión coa industria, poucas patentes e moi baixos niveis de inversión do capital risco”. Estes son só algúns dos motivos polos que emprender nesta área foi un pouco posible nos últimos tempos. Aínda así, en España non faltan intrépidos que apostaron por este campo. Un deles é Enrique Samper, cofundador de Nimgenetics, unha compañía que naceu en 2008 e é pioneira no uso da tecnoloxía para o diagnóstico xenético en áreas como a pediatría, retraso mental, malformacións e autismo; a oncoloxía; o prenatal invasivo e non invasivo; e as células nai e medicina rexenerativa.
Inversión
Os artífices desta empresa invertiron, durante o seu primeiro ano de vida, 110.000 euros que resultaron insuficientes. “Algúns, incluso, pedimos préstamos persoais e, con axuda da familia e os amigos logramos outros 200.000 euros de capital que apalancamos con varios proxectos”. Fuertes asegura que en España é moi difícil calcular canto diñeiro move o sector porque as cifras varían moito entre estudos nacionais e estranxeiros. Sen embargo, tamén admite que esta área é vista polos inversores foráneos como prioritaria, con uns retornos de ata o 40% de media no último ano. Ademais, “a nivel mundial, e segundo o banco de inversión Burrill&Co., máis de 350.000 millóns de dólares foron invertidos neste sector dende que emerxeu a industria a mediados da década de 1970. O incremento está claro cando vemos que só en 2011, nos países da OCDE, se gastaron 35.000 millóns de dólares, dos casi 12.700 foron gasto público en investigación e desenvolvemento”. Este é un sector emerxente.
No Comments - be the first.