O Conselleiro de Economía, Francisco Conde, estivo onte en Ourense para presentar unha iniciativa coa que se pretende fomentar a innovación nas pemes galegas. Trátase dun proxecto de aceleración da innovación denominado AgroBiotech, que vai destinado ás empresas dos sectores da biomasa, biotecnoloxía e agroalimentario. «A aposta pola especialización era unha demanda nesta provincia», asegurou o titular de Economía, que presentou o programa a un grupo de empresarios en Tecnópole. «Este programa ten pr obxectivos impulsar a transferencia de coñecementos», dixo.
As empresas que se apunten no proxecto, o prazo para facelo comezou onte e acaba o próximo 22 de abril, terán a opción de dispoñer de equipamentos e materiais cos que poder desenvolver os seus proxectos de I+D, ademais de contar co asesoramento de outros profesionais. A iniciativa contará cun orzamento de 750.000€ e o seu obxectivo prioritario e que os que entren no programa de aceleración innovadora poidan incrementar os seus beneficios e crear novos postos de traballo. «As empresas participantes incrementarán nun 15% a súa introducción de produtos innovaodres no mercado e incrementarán noutro 15% as súas vendas no exterior, elevando así a súa facturación e gañando tamaño» afirmou o conselleiro, que asegurou que esta iniciativa se poñerá en marcha nas provincias de Lugo e Ourense.
Método personalizado
O programa AgroBiotech poñerá a disposición de todos os interesados un método de traballo «práctico e presoalizado». Desta forma, as empresas contarán cunha folla de ruta a medida en función das súas necesidades e baixo a monotorización de expertos. Parte deste traballo poderá realizarse nas instalacións da Tecnópole, que prestará algúns dos seus laboratorios. «Impulsarasee un traballo práctico e prol da innovación, compatible coas distintas actividades e aberto á industria».
Todos aqueles interesados poden inscribirse na páxina de Tecnópole pinchando aquí
Ver programa AgroBiotech Innovación
Máis noticias relacionadas:
Ourense tendrá un programa para acelerar la innovación
No Comments - be the first.