A mayoría dos datos que reflexa o sector da bioeconomía son positivos. Non obstante, “apréciase un certo agotamento e unha ralentización do crecemento con respecto a anos anteriores” en palabras de Asebio. A patronal das bioempresas españolas alertou sobre a posibilidade de que a tendencia negativa se acentuase en 2013 e 2014.
Asebio pediu ás administracións o desenvolvemento de políticas de choque co obxectivo de evitar que o tecido innovador se destruia “precisamente nun período no que o conxunto da economía parece recuperarse”
Máis investimento
A presidenta da patronal, Regina Revilla, pediu ás administracións públicas a creación dun entorno regulatorio estable, para incrementar os orzamentos en I+D, e tamén outros incentivos indirectos, como as axudas fiscais. A inversión interna privada en I+D en biotecnoloxía, situouse en 523 millóns de euros en 2012 (último ano analizado ata o momento) cunha baixada do 2,7% frente a 2011.
Pola súa parte, a secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela, destacou que “os datos son o reflexo dun ano especialmente difícil, o 2012, e sen embargo a biotecnoloxía gañou peso no PIB, seguiu creando emprego e aumentou a súa facturación”
No Comments - be the first.