
A Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza, en colaboración co Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial (CDTI), unha xornada formativa sobre a modalidade de contratación da Compra Pública de Innovación, en concreto, sobre a Compra Pública Precomercial.
Nesta xornada, o xefe de departamento da Oficina de Compra Pública Innovadora de CDTI, Sergio Capitán, informará sobre a nova actuación que poñerán en marcha para impulsar a Compra Pública Precomercial, na que se destinarán a Galicia 9 millóns de euros.
A través deste instrumento, o CDTI adquirirá servizos de I+D que poidan resultar en prototipos de primeiros produtos ou servizos, en forma de series de proba, tecnoloxicamente innovadores e que satisfagan necesidades públicas. O prototipo que no seu caso se desenvolva, cederase á Administración Pública española que estea interesada no mesmo e poida proporcionar o entorno real necesario para validar a tecnoloxía proposta.
Esta acción formativa está dirixida a toda aquela entidade interesada en Compra Pública Precomercial, aínda que a actuación de CDTI está especialmente dirixida a empresas.
O formulario de inscrición o programa están dispoñibles no seguinte enlace.
O número de prazas é limitado.