O clúster desenvolverá oito iniciativas de colaboración, talento, investimento e divulgación financiadas polo Instituto Galego de Promoción Económica

O Clúster de Bioempresas de Galicia (BIOGA) foi beneficiario das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, destinadas a agrupacións empresariais (clústeres) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, convocatoria 2025. Esta liña de apoio está financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e busca reforzar a competitividade, a innovación e a cooperación empresarial a través dos clústeres galegos.

O proxecto ten como obxectivo reforzar a colaboración entre empresas, centros de investigación e universidades, mellorar a visibilidade do sector e favorecer a súa hibridación con outros ámbitos estratéxicos da economía galega.

Actuación financiada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).