Nuestros socios 67 compañías ya forman parte de Bioga Los socios que ya forman parte del clúster Bioga ya disfrutan
de nuestras ventajas para facilitar la innovación, la financiación y el
desarrollo de negocio.
Y tú, ¿todavía no eres socio? Ver ventajas Ver socios Asociarse
ESTRATEGIA DE IMPULSO
A LA BIOTECNOLOGÍA
2016-2020

Xa es socio do Clúster Bioga?

Benvido a Bioga
Bioga é o Clúster Tecnolóxico Empresarial Das Ciencias Da Vida
Bioga traballa para acercar servizos e actividades que permitan mellorar o posicionamento competitivo das empresas biotecnolóxicas e, por extensión, do sector bio galego seguindo unha metodoloxía de personalización dos servizos en función das necesidades de cada empresa.

Máis información

Servizos que ofrecemos en Bioga:

Crecemento e mellora competitiva

Orientar en actividades de formación, asesoramento individualizado que contribúa á consolidación das empresas do sector

Innovación e impulso de proxectos

Xeración de novas liñas de investigación e colaboración entre diferentes axentes do ámbito da I+D+i

Emprendemento e financiación de proxectos

Xeración de actividades que promovan novas liñas de negocio e colaboración, así como un busca activa de financiamento das mesmas

Internacionalización e acceso a novos mercados

Actividades de apoio ás empresas do sector vinculadas á promoción nacional e internacional, como xornadas e misións comerciais

Networking intersectorial e no marco do sector bio.

Organización de actividades novidosas de interese común como os bioalmorzos ou o biospeedating

Anúnciate en Bioga
Promociona o teu negocio
Se queres ter impacto nas principais empresas do ámbito das ciencias da vida, aquí podes conseguir que o teu anuncio apareza na nosa web.

QUERO ANUNCIARME

Os nosos socios:

Bioga participa como socio no proxecto CT-BIO,enmarcado no Programa INTERREG V-A España – Portugal (POCTEP)2014-2020 no eixo prioritario2, <<crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial>>. O proxecto CT-BIO ten como obxectivo final mellorala competitividade empresarial e a consolidación do sector biotech e das ciencias da vida na rexión transfronteiriza.

Logo FEDER Unión Europea
Logotipo Interreg España - Portugal
Logotipo CTBIO POCTEP

Bioga forma parte do partenariado de CÓDIGOMÁIS. Este proxecto do Programa INTERREG V-A España –Portugal (POCTEP) 2014-2020 ten como eixo prioritario1: Impulso da innovación. O seu Obxectivo Xeral consiste na creación dun Ecosistema Transfronteirizo de Innovación no ámbito da saúde na Área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal, que impulse a cooperación segundo o modelo da cuádruple hélice e a valorización orientada ao mercado dos resultados da investigación.

Logo FEDER Unión Europea
Logotipo Interreg España - Portugal
Logotipo Código Máis POCTEP

Axudas do Igape Galicia Exporta Organismos Intermedios

Bioga foi beneficiaria dunha axuda do programa do Igape Galicia Exporta Organismos Intermedios. O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

Operación cofinanciada pola Unión Europea Programa operativo Feder Galicia 2014-2020
Conseguir un tecido empresarial máis competitivo
Unha maneira de facer Europa