Transferencia do coñecemento entre diferentes axentes do sistema galego (Universidades, Parque Tecnolóxico de Galicia, …) na cal a información, o know-how e o coñecemento tramítese de uns a outros, e da pé a avances en innovación ou creación de spin-offs.
Acceso a formación e un mercado laboral especializado. Bioga logra unha masa crítica capaz de atraer recursos humanos de alta cualificación en diferentes subsectores da biotecnoloxía.
Acceso a provedores e servizos especializados en biotecnoloxía.
Eficiencia e produtividade
Bioga é unha potente canle de comunicación para transmitir as necesidades do sector, non só á Administración, senón tamén a outros axentes do sistema económico de Galicia.
Identifica as necesidades dos integrantes nos contextos de incertidume actuais e provee de solucións prácticas e personalizadas.
Supón unha unidade de acción óptima para afrontar proxectos de envergadura (economías de escala).
Ao integrar a todos os compoñentes da cadea de valor e aos socios, permite abordar os problemas de forma global e sistemática.
É a porta de acceso aos recursos, procesos, tecnoloxías e mercados globais
Bioga aporta ás empresas a imaxe nacional e internacional de excelencia.
Ofrece unha serie de servizos e apoio que actúa directamente sobre a competitividade das empresas (xeralmente en forma de intensidade de coñecemento) e que non llo facilita ningún outro tipo de organización empresarial.
Get Connected