Universidade de Vigo

  • Nome Universidade de Vigo
  • Categoría Investigación

Creada en 1990, a Universidade de Vigo logrouse consolidar neste tempo como un referente de modernidade e innovación en Galicia. Nos seus tres campus Ourense, Pontevedra e Vigo, impártense, na actualidade, titulacións nos ámbitos científico, humanístico, tecnolóxico e xurídico-social, repartidas entre casi unha treintena de centros, onde tamén desenrolan a su actividade os grupos de investigación. Unha rede de centros propios, completa o mapa de infraestructuras destinadas á investigación coa que conta a Universidade de Vigo que logrou situarse no posto decimoquinto da clasificación de universidades españolas en producción científica.

O Campus do Mar é un proxecto liderado pola Universidade de Vigo e promovido por tres universidades galegas, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO). Coa intención de reunir o maior potencial posible e optimizar os recursos dispoñibles, o proxecto aglutina ós axentes socioeconómicos e ós grupos de investigación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal relacionados co ámbito marítimo.

https://uvigo.gal/