UN-EM

  • Nome UN-EM
  • Categoría Servizos

UN-EM é unha empresa que nace para axudar a trasladar resultados de investigación de Universidades e Centros Tecnolóxicos cara o mercado. Con ese obxectivo, conta cun equipo humano especializado na valorización de coñecemento, na dinamización do emprendemento ou na creación de empresas de base tecnolóxica.

UN-EM pretende converterse nunha ferramenta que facilite a explotación comercial de resultados científicos. Con ese propósito realiza valorización de tecnoloxías, estudos de viabilidade técnica e financeira, plans de empresa, análises de mercado, asesoramento na busca de investimento privado ou imparte formación específica en cada unha de estas materias.

www.un-em.com