ONCOSTELLAE

  • Nome ONCOSTELLAE
  • Categoría FarmacéuticoInvestigación

Oncostellae é unha empresa galega de recente creación, ano 2013, situada no parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas (Ourense). A súa misión é o descubrimento de novos fármacos para o tratamento do cancro. Para iso Oncostellae intenta combinar a experiencia nas diferentes áreas de investigación farmacéutica (Farmacoloxía e Química Médica) dos seus fundadores, os cales posúen máis de 20 anos de experiencia neste campo no ámbito público e privado.

Oncostellae é unha empresa de I+D farmacéutica. Para poder levar a cabo a súa misión de maneira competitiva, Oncostellae decidiu dedicar os seus esforzos internos nas áreas onde radica a experiencia de equipo xestor, como son: Deseño virtual de fármacos; Química médica; Farmacoloxía in vitro de adenosina; Caracterización fisicoquímica dos compostos; Patentes.

Estas son as tarefas que Oncostellae realiza internamente, toda a caracterización necesaria para denomear un candidato a desenvolver como poden ser os ensaios de farmacoloxía e toxicoloxía realízanse a través de colaboracións con diferentes empresas e universidades.

Con este modelo de xestión Oncostellae puido crear un sistema de descubrimento de fármacos utilizando de maneira eficiente a experiencia interna e externa dispoñible.

 oncostellae.com