NANOIMMUNOTECH

  • Nome NANOIMMUNOTECH
  • Categoría Nanobiotecnolóxico

NANOIMMUNOTECH é unha empresa española do sector da Nanobiotecnoloxía, fundada en agosto de 2009 e recoñecida como EIBT (Empresa Innovadora de Base Tecnolóxica).

Nanoimmunotech é un punto de referencia a nivel Europeo e compañeiro perfecto dentro do mundo da Nanobiotecnoloxía. Ofrécelle unha completa gama de produtos, servizos e proxectos feitos a medida, para poder axudar no deseño das súas nanopartículas, nanomateriais ou complexos nanosistemas mediante bioconxugación. Ademáis, dispón de servizos específicos de caracterización biolóxica e físico-química para os seus nanomateriais.

A compañía conta con uns recursos humanos altamente cualificados e recoñecidos internacionalmente, laboratorios punteiros, protocolos estandarizados. O modelo de negocio de Nanoimmunotech é flexible, ten amplia experiencia en proxectos de I+D, licencias, relacións cliente-proveedor, etc.

O modelo de negocio de Nanoimmunotech é flexible e temos experiencia na participación, investigación ou demanda de proxectos, licencias, relacións cliente-proveedor, etc.

A empresa baséase nos seguintes piares de negocio:

  1. Nanopartículas: ofrecemos un amplio catálogo de nanopartículas de alta calidade dispoñibles con diferentes funcionalizaciones e listas para protocolos de bioconxugación.
  2. Bioconxugación: dispoñemos de kits optimizados para a unión de anticorpos e proteínas a nanopartículas de ouro e magnéticas. Ademáis, como expertos en bioconxugación, ofrecemos servizos a medida adaptados ás necesidades de cada cliente (funcionalización de superficies, placas ou chips, multifuncionalización de nanopartículas…)
  3. Biosensores: desenvolvemos biosensores a medida. Ademáis, dispoñemos de tecnoloxía propia, Heatsens, onde a súa novidade radica no uso de nanoprismas de ouro como transductores da señal. A súa alta sensibilidade permítenos detectar calquer analito presente en baixas cantidades e as súas aplicacións poden extenderse a calquer sector.
  4. Servizos de caracterización: caracterización biolóxica e físico-química para todo tipo de productos que conteñen nanoestructuras, axudando a clientes de moi diferentes sectores (biotecnolóxico, farmacéutico, cosmético, agroalimentario, diagnóstico, medio ambiental, etc.) a diseñar productos mellores e máis seguros.

 

www.nanoimmunotech.eu