MD.USe!

  • Nome MD.USe!
  • Categoría Investigación

Empresa adicada a simulación computacional. As simulacións computacionais de Dinámica Molecular fan posible coñecer en cada momento da simulación a posición e velocidade de cada átomo do sistema en condicións equivalentes as que se levan a cabo nos experimentos de laboratorio (presión, volume, temperatura, concentración, pH, etc.), sendo moi útiles no estudo de sistemas químicos e biolóxicos.

Con esta técnica pódense reproducir hoxe en día unha ampla gama de fenómenos útiles para o deseño e caracterización de materiais, agregación e adsorción molecular, mecanismos de acción en sistemas biolóxicos, cambios conformacionais en macromoléculas, entre outros.

mduse.com