IDIS

  • Nome IDIS
  • Categoría Investigación

IDIS é un dos 13 institutos de investigación sanitaria acreditados en todo o estado polo Instituto de Saúde Carlos III e o único en Galicia con tal recoñecemento. Configúrase como un sistema de innovación e transferencia de coñecemento de marcado carácter translacional, aproveitando e ampliando a colaboración histórica e o enorme potencial de sinerxías entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, entidades ás que están vinculados os máis de 50 grupos de investigación do Instituto.

www.idisantiago.es