Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur

  • Nome Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur
  • Categoría Investigación

O Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) é un espacio de investigación multidisciplinar en Biomedicina, que aglutina ós grupos de investigación clínicos das Áreas Sanitarias do Sur de Galicia (Vigo, Ourense e Pontevedra) e ós grupos biomédicos da Universidade de Vigo, co obxetivo de promover a investigación traslacional e a innovación, garantizando así a aplicación efectiva dos resultados de investigación en términos de beneficios para a saúde dos cidadáns.

As funcións do IISGS son:

  • Fomentar a colaboración entre investigadores de ámbito básico, clínico, de saúde pública e de servizos de saúde.
  • Impulsar a investigación traslacional e a innovación, que teñan aplicación e repercusión clínica.
  • Promover a integración organizativa entre os centros que conforman o Instituto e establecer novas alianzas con outros pertencentes a diversas institucións no ámbito autonómico, estatal ou supraestatal.
  • Promover e desenvolver programas de investigación e de formación de investigadores, prestando especial atención á formación científica de profesionais sanitarios.
  • Fomentar o incremento da masa crítica a nivel local, as sinerxias e o uso eficiente das infraestructuras e recursos dispoñibles.
  • Fomentar a difusión dos resultados de investigación, así como a captación de recursos económicos, públicos ou privados, para o mantemento da súa actividade.

Na actualidade, máis de 700 investigadores desenvolven a súa actividade investigadora no IIS Galicia Sur, agrupados en 8 áreas científicas:

  1. Neurociencias e Enfermedades Psiquiátricas
  2. Enfermedades Inflamatorias e Infecciosas e Trastornos Inmunitarios
  3. Metabolismo, Nutrición, Enfermedades Raras e de Base Xenética
  4. Novas Tecnoloxías, Biomateriais e Enxeñería de Texidos
  5. Patoloxía de Grandes Sistemas, Envexecimiento e Medicina Rexenerativa
  6. Cáncer
  7. Eficiencia e Calidade en Servicios de Saúde, Seguridade do Paciente e Economía da Saúde
  8. Área Transversal: Diagnóstico por Imaxe

www.ibivigo.org