GLECEX

  • Nome GLECEX
  • Categoría Investigación

Glecex, Global and Ecofriendly Natural Extracts é unha nova empresa independente, que nace co obxectivo de ofrecer solucións innovadoras no ámbito dos extractos naturais.

A capacidade de I+D+i, apoiada na experiencia do noso equipo técnico permítenos actuar creativamente e prestar aos nosos clientes servizos de alto contido tecnolóxico. Sobre esta base podemos ofrecer o desenvolvemento e/ou a mellora de procesos de produción para obter extractos de alta calidade e o illamento de moléculas bioactivas, destinadas a produtos da industria farmacéutica, agroalimentaria, de cosméticos e nutracéuticos.

Glecex desenvolve formulacións innovadoras, combinando diferentes ingredientes activos de plantas con propiedades sinérxicas, que incorporadas a outros extractos convencionais incrementan os beneficios dos seus produtos sendo significativamente máis efectivos.

www.glecex.com