Galician Marine Aquaculture (GMA)

  • Nome Galician Marine Aquaculture (GMA)
  • Categoría Investigación

Galician Marine Aquaculture (GMA) é unha empresa de acuicultura centrada no desenvolvemento e cultivo de novas especies mariñas de gama alta destinadas a mercados internacionais.

Nestes momentos, a compañía -creada en 2003- centra a súa actividade en producir e comercializar abalón. Este produto, que popularmente se coñece como orella de mar, é un molusco moi apreciado pola súa carne. De feito, considerase o marisco máis caro do mundo.

O obxectivo de GMA pasa por liderar o desenvolvemento e cultivo sostible de novas especies mariñas de gama alta con prestacións de alto valor engadido. Trátase de unha empresa de vangarda, tanto pola tecnoloxía que incorpora, como pola súa xestión do mercado global.

As presentación previstas no seu plan de desenvolvemento van desde produto vivo, fresco, conxelado, ata colaboracións co sector transformador e conserveiro.

A granxa de abalón de GMA está emprazada na localidade de Tal (Muros, Galicia), bañada polas augas do Océano Atlántico. A Ría de Muros-Noia conta cunha excelente localización que ofrece, entre outras vantaxes, unha gran variedade de recursos mariños, unha boa infraestrutura en servizos loxísticos e presenza de empresas de transformación de produtos da pesca e acuicultura en proximidade con acreditación internacional.

O equipo humano de GMA, o paquete tecnolóxico desenvolto e as instalacións dispoñibles permiten producir ao longo de todo o ano, desenvolvendo todas as fases de cultivo de abalón, dende a produción de sementes ata o engorde e a colleita final. As instalacións emprazadas en terra ocupan unha superficie de 25.000 m2, incluídas dentro do Plan Sectorial de Acuicultura de Galicia, con posibilidade de ampliar ata un total de 50.000m2 e está compostas por:

· Hatchery para a produción de máis de 3.500.000 exemplares/ano.

· Nave de Pre-engorde e engorde para a produción de máis de 115 Tn/ano de Haliotis discus hannai de formatos de 10 e 12 pezas por Kilo.

· Nave de produto transformado para o desenvolvemento de distintos formatos de presentación.

Potencial de expansión ata alcanzar as 350 Tn/ano.

GMA dispón dos últimos avances tecnolóxicos e innovación de desenvolvemento propio en automatización de sistemas de control de medio, sistemas de re-circulación da auga, trazabilidade e controis sistemáticos de sanidade animal e alimentaria.

Vídeo Corporativo

www.gmaquaculture.com