Fundación Biomédica Galicia Sur

  • Nome Fundación Biomédica Galicia Sur
  • Categoría Investigación

Fundación Biomédica Galicia Sur da apoio e asesoramento ós profesionais e investigadores dos centros da Xestión Integrada de Vigo, da Xestión Integrada de Pontevedra e o Salnés e da Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, así como ós investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

A nosa misión é impulsar a investigación, a docencia, a innovación e o desenvolvemento científico-tecnolóxico no ámbito sanitario galego. Traballamos para promover a innovación e investigación galegas, poñendo a disposición dos nosos investigadores e do resto da sociedade os medios e recursos necesarios.

 

www.fundacionbiomedica.org