CONEXIONA TELECOM

  • Nome CONEXIONA TELECOM
  • Categoría Saúde

Conexiona é unha das firmas de Tecnoloxía con maior experiencia no desenvolvemento de produtos, aplicacións para sistemas en tempo real, proxectos, aplicacións Web e móbiles para empresas privadas e Administración Pública. 

Conexiona é unha compañía que nace no ano 2006 de capital galego 100% dos seus propios socios, cunha clara vocación de servizo na que hai un forte compromiso coa Innovación.

Actualmente Conexiona, centra a súa actividade no desenvolvemento de produtos innovadores de sistemas intelixentes e en tempo real para sectores tales como: Enerxético, Sanitario, Loxístico, Retail e Doméstico. O coñecemento da realidade do entorno que rodea a execución de proxectos e a participación activa en proxectos de similares características, é o que permite a Conexiona dispoñer dun elevado “Know-How” na utilización das mellores prácticas para a prestación de servizos e desenvolvemento de novos produtos, soporte e asistencia técnica aos sistemas subministrados, propoñendo melloras nos procesos (se fose necesario) e identificando alternativas de xestión dentro do ámbito de actuación encomendado.

www.conexiona.com