CODEBIO

  • Nome CODEBIO
  • Categoría AgroalimentarioSaúde

CODEBIO é unha compañía biotecnolóxica formada por un equipo de profesionais, altamente cualificados e con contrastada experiencia profesional. Sobre a base da súa ampla experiencia no sector da alimentación e saúde, ofrece servizos especializados e personalizados no desenvolvemento de procesos e produtos dentro do ámbito da alimentación e dietética. A empresa asesora na busca e localización de materias primas, desenvolve e comercializa complementos alimenticios que acheguen un valor engadido aos consumidores e ofrece aos seus clientes, dende o desenvolvemento dunha fórmula á súa medida ata o produto listo para a súa saída ao mercado

www.codebio.es