CETIM

  • Nome CETIM
  • Categoría Investigación

CETIM, Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial, é un centro privado de I+D+i, sen ánimo de lucro, reconocido como Centro Tecnolóxico polo Ministerio de Economía e Competitividade e a Axencia Galega de Innovación. Constituido en 2011, ten a misión de promover a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación nos diferentes sectores e actividades económicas a través das súas Áreas de Coñecemento: Materiais Avanzados, Medioambiente e Desenvolvemento Industrial.

– Área de Materiais Avanzados. I+D+i  de novos materiais –extracción e tratamento de compostos naturais e de madeira, formulación, síntesis, extrusión e inyección polímeros e biopolímeros recubrimentos, MIPs, formulación e testeo de materiais avanzados de construcción (asfaltos, formigóns, cementos, xeopolímeros, etc.) etc.- que cumplan as crecentes esixencias impostas polos mercados, presentando solucións relacionadas con materiais e estructuras.

– Área de Medioambiente. Especializada en Augas e Residuos, ofrecendo apoio a empresas e institucións no estudo, investigación e desenvolvemento de novos métodos e procesos para a reducción do impacto ambiental, a valorización de residuos –co-dixestión, fermentación oscura, biorefinería, recuperación compostos, obtención e formulación de fertilizantes, purificación de corrientes gaseosas, etc.- e a mellora do tratamento de augas residuais, industriais e potables –oxidación avanzada, biorreactores, tecnoloxías de membrana, procesos electroquímicos, tratamentos biolóxicos e convencionais, síntesis e evaluación de fotocatalizadores. A Área tamén realiza Análises do Ciclo de Vida de produtos e procesos (LCA & LCC), de Pegada de Carbono e Hídrica e Declaracións ambientais de produtos (EPD)

– Área de Desenvolvemento Industrial. Especializada en enxeñería aplicada (diseño e desenvolvemento de prototipos de sistemas e plantas piloto basadas nas tecnoloxías desenvolvidas polo Centro) e no desenvolvemento de solucións TIC e sensórica para o control e optimización do funcionamiento dos sistemas desenvolvidos.

 

http://www.fundacioncetim.com/