Cesga

  • Nome Cesga
  • Categoría Servizos

A Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servizos avanzados da Comunidade Científica Galega, Sistema Académico Universitario e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

A Fundación CESGA nace do compromiso da Xunta de Galicia de promover servizos comúns de apoio ás tarefas de investigación, e por outra parte, do interese do “Consello Superior de Investigacións Científicas” de promocionar en Galicia un entorno de traballo na área do cálculo intensivo, comunicacións e servizos avanzados na sociedade da información e o coñecemento.

http://www.cesga.es/