BioStaTech

  • Nome BioStaTech
  • Categoría Investigación

BioStaTech, é unha spin off de bioestatística, creada por investigadores e especialistas con ampla e contrastada experiencia na aplicación de técnicas e métodos estatísticos novidosos nas Ciencias da Vida e da Saúde.
Entre as súas actividades principais están a realización de asesoramento estatístico, que permite aos seus clientes encontrar a mellor solución en calquera das fases de desenvolvemento das súas investigacións. Ademais, presenta unha serie de produtos formativos en ferramentas, técnicas e métodos estatísticos que se adaptan ás necesidades dos seus clientes.

www.biostatech.com