AllGenetics

  • Nome AllGenetics
  • Categoría Investigación

AllGenetics apoia a centros de investigación e empresas líderes en tódalas áreas das ciencias da vida. De acordo co noso lema «encantados de apoiar a túa investigación», cada ano levamos a cabo decenas de proxectos xunto con destacados científicos de todo o mundo.

Un grupo de mozos investigadores da Universidade da Coruña lanzou AllGenetics en 2011. A principios dese ano, o proxecto que se convertería en AllGenetics foi distinguido como IEBT (iniciativa de emprego de base tecnolóxica) pola Xunta de Galicia. Como resultado, o Fondo Social Europeo co-financiou o proxecto empresarial. En 2013, AllGenetics converteuse en empresa asociada á Universidade da Coruña.

Somos científicos cunha sólida experiencia en investigación en xenética molecular. Estamos especializados en aplicar esta tecnoloxía en proxectos de investigación relacionados coa ecoloxía e a biodiversidade.

Análises bioinformáticas | Análises de paternidade | Deselvolvemento de marcadores microsatélite | DNA barcoding | DNA metabarcoding | RNA-seq | Sistemática molecular | Secuenciamento de nova xeración | Xenotipado |

www.allgenetics.eu