Alasature

  • Nome Alasature
  • Categoría Agroalimentario

Alasature Healthy Lifestyles surxe en Outubro de 2015, como unha compañía que se especializa no sector da alimentación saudable e funcional, buscando aportar novas solucións no plano nutricional por medio do lanzamento de novas fórmulas con propiedades nutricionais moi reclamadas no mercado a nivel mundial que serán transformadas en produtos. A súa meta é: “Estar entre unha das 3 maiores compañías de alimentación saudable e funcional de Europa nos próximos 5 anos”.

Os atributos de saúde dos alimentos son máis importantes para os clientes dentro dos mercados emerxentes, que ademáis están dispostos a pagar máis por recibir produtos Premium que teñan maiores beneficios. Dentro do conxunto de categorías de alimentación saudable e funcional, o mercado ecolóxico dentro da UE representa € 27,1 billóns en 2015, con un crecemento do 5,9% no último ano.

A compañía está desenvolvendo formulas únicas cun gran compoñente innovador que así poidan satisfacer as demandas nutricionais que están presentes no mercado global, porque o problema ao que se enfrontan é un problema que non ten barreiras fronteirizas, senon que está presente en tódos os fogares do mundo. En función da fórmula desenvolta, traballan subcontratando a producción en diferentes fábricas para evitar cargas de inmovilizado, permitíndolles maior velocidade para asumir os cambios no mercado, permitíndolles crear un catálogo horizontal (diferentes líneas de productos).

Ver página web

Ver páxina de Facebook