Akunatura

  • Nome Akunatura
  • Categoría Servizos

Akunatura de Ourense S.L. é unha empresa fundada coa intención de cubrir o vacío existente no apoio á industria alimentaria do noso país.

A través dunha única entidade serán capaces de cubrir a súas necesidades actuais. Unhas necesidades que se incrementan no tempo pola aparición de novas normativas de carácter europeo, normativas que intentan facer primar a calidade dos seus produtos e a seguridade para os seus consumidores. A calidade e a seguridade alimentaria son os epicentros das novas políticas produtivas.

Por esta razón Akunatura é unha empresa comprometida coa seguridade alimentaria, máis concretamente co cumprimento das normas xerais destinadas aos operadores de empresa alimentaria en materia de hixiene dos produtos alimenticios.

http://akunatura.com/index.html