Informe bio 2016

Presentámosvos o Informe Anual Bioga 2016.

O obxetivo do Informe é analizar os distintos ámbitos que compoñen o sistema no que que se desenvolve o sector Biotecnolóxico de Galicia, así como coñecer a súa situación actual e orientación.

O Informe desglósase en seis apartados: Presentación, Resume executivo, Indicadores da actividade biotecnolóxica en Galicia, Internacionalización das empresas, Actividade dinamizadora do sector durante o exercicio 2016 e Socios de Bioga. En cada un destos puntos, profundízase sobre os aspectos máis sobresaíntes que afectan ao sector biotecnolóxico en Galicia.

O sector Biotecnolóxico en Galicia

O ano 2016 veu marcado pola aprobación da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía de Galicia 2016-2020, a cal prevé inversións neste sector por valor de 200 millóns de euros. Ditas inversións teñen que favorecer a consecución dos obxetivos plantexados:  aumentar un 15% o número de empresas, crecemento da facturación do sector nun 20% e aumento do 25% en postos de traballo.

Hoxe en día o sector biotecnolóxico en Galicia alcanza a case 3.000 persoas. Tendo en conta unha valoración global todo indica que imos polo bo camiño, pois xa contamos con 85 empresas en Galicia que apoian a este sector e, aínda que so unha decena son de nova creación, o número de empresas aumentou aproximadamente un 39% con respecto ao mostrado no informe de 2015, cambios moi favorables que provocaron que a  facturación aumentara alcanzando os 258 millóns de euros no ano 2016.

grafico 1

Mapa da Biorexión de Galicia

Como xa se pode observar no informe anterior, o sector biotecnolóxico galego concéntrase na provincia de A Coruña, donde están ubicadas 50 das 85 empresas analizadas, e especialmente na cidade de Santiago de Compostela e no seu entorno próximo.

Gráfico 2

Actividade empresarial

En canto a actividade empresarial das 85 empresas citadas anteriormente céntrase sobre todo na biotecnoloxía aplicada á alimentación, cosmética, o sector agrícola e o medio ambiente, así como na provisión de servicios de I+D, en especial servicios analíticos de diverso tipo (microbiología, bioquímica, genética…), xenómica e bioinformática. Gráfico 3

Conclusión

Está claro que o ano 2016 foi comezo de grandes proxectos nos que cabe salientar a aprobación da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía que ten como principal obxetivo posicionar Galicia a nivel internacional como comunidade líder en innovación biotecnolóxica, creando un biopolo que actúe como localización estratéxica de toda a cadea de valor e que nos permita aunar recursos e posicionar a todas as entidades nun espazo común que nos sirva como enclave para proporcionar ás empresas máis visibilidade dentro e fora de Galicia..

Os datos que obtemos son moi positivos e apuntan en boa dirección, sendo un factor clave para o sector  seguir aumentando a captación de fondos H2020 por parte de empresas e organismos intermedios, conseguindo así especializar a rexión en biotecnoloxía, impulsando temas transversais como o envellecemento activo ou a bioeconomía, poñendo especial atención na revalorización dos recursos naturais dos que Galicia rebosa.

Para a consecución dos nosos obxetivos seguiremos impulsando a colaboración público-privada no deseño e mellora de convocatorias e programas de apoio para a innovación e captación de talento do sector biotec na nosa rexión. Dende Bioga seguiremos traballando conxuntamente para que Galicia acentúe o seu posicionamento e competitividade.